Enchédeo de palabras!

Seredes vós, os veciños e veciñas de Mugardos, persoas de mar, os encargados de enriquecer o caixón, o portal e a memoria histórica e léxica de Mugardos.

Mediante o formulario que atoparedes na ligazón "Aporta palabras cunha descrición" poderedes compartir con todos e todas o que significan para vós cada unha das palabras que hai no Caixón, algún recordo que teñades, e mesmo achegar outras que coñezades. Cada unha das vosas achegas levará recoñecida a súa autoría, aparecendo a palabra indicada, a imaxe e o seu nome.