Que hai neste Caixón?

O Caixón das Palabras do Mar está cheo de peixes, algas, area, auga, e aparellos de pesca acariñados polos beizos de mariñeiros, sereas e redeiras que as pronuncian con toda a forza das mareas...

A cultura do mar está moi presente en Mugardos, pobo mariñeiro por excelencia.

A riqueza léxica do noso idioma é enorme e o é aínda máis no noso concello, onde podemos atopar multitude de verbas propias da zona das que moita xente nova e visitantes descoñecen o seu significado. Está nas mans dos veciñas e veciñas de Mugardos manter este patrimonio cultural e lingüístico.

Neste apartado do portal atoparedes todas estas palabras, acompañadas de imaxes para que se coñeza o seu significado e parte da identidade do pobo de Mugardos.