Participa nos obradoiros de cociña "O Polbiño Cociñeiro"

O Concello de Mugardos organiza uns obradoiros de cociña para alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria. A inscrición ábrese hoxe na OMIX, permanecendo aberta ata o vindeiro día 18, inclusive.

20170505133512.jpg

Ofértanse 20 prazas por grupo/obradoiro. As prazas adxudicaranse por sorteo público, no caso de superar as solicitudes ao número de prazas ofertadas.

O sorteo terá lugar o 18 de maio, ás 14.30 horas, na Oficina de Mocidade e Información Xuvenil.

As datas de realización dos obradoiros serán as seguintes:

CEIP Santiago Apóstol de Franza

  • Grupo 1. 19 de maio, de 17.00 a 18.30 horas.
  • Grupo 2. 20 de maio, de 10.30 a 12.00 horas.

Colexio Loyola

  • Grupo 1. 2 de xuño, de 17.00 a 18.30 horas.
  • Grupo 2. 3 de xuño, de 10.30 a 12.00 horas.

CEIP Unión Mugardesa

  • Grupo 1. 9 de xuño, de 17.00 a 18.30 horas.
  • Grupo 2. 10 de xuño, de 10.30 a 12.00 horas.

Queres participar no obradoiro "O polbiño cociñeiro"?