A ruta de xaneiro de "Coñece Mugardos!" sairá de San Xoán

O domingo 15 de xaneiro temos unha cita ás 10:00 horas no Casino de San Xoán. Inscríbete xa na OMIX!

O domingo 15 de xaneiro temos unha cita ás 10:00 horas no Casino de San Xoán.

As andainas desenvolvidas dentro do programa "Coñece Mugardos!" están organizadas polo Concello de Mugardos en colaboración coa Asociación Veciñal Montefaro. 

  • Data: 15 de xaneiro.
  • Lugar de saída: Casino de San Xoán.
  • Hora de saída: 10:00 horas.
  • Lugar de chegada: Casino de San Xoán.
  • Hora de chegada: 14:00 horas aproximadamente.
  • Distancia aproximada: 7 km.

A ruta

Dende o casino de San Xoán saímos cara a Capela de Lodairo, dende aquí collemos cara Barracido pasando polo Piñeiro, logo collemos a pista cara Burreiros e A Lousada para chegar a igrexa de San Vicente de Camouco, dende aquí collemos cara O Pallizo (Farmacia de San Xoán), antes facemos unha parada para ver o marco de pedra granítica que delimita os tres concellos (Fene, Ares e Mugardos), despois de pasar a farmacia collemos cara a estación de Franza para camiñar pegados a vía do tren e cruzar a esquerda cara a fonte e dende aquí collemos por un carreiro por detrás das terras de igrexa de San Xoán, para rematar de novo no casino de San Xoán.

Inscricións

As persoas interesadas que requiran máis información e formalizar as inscricións poden facelo na OMIX (baixo do Concello), de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 horas.