Ruta programada para o día 2 de abril polas Terras da Redonda

Esta ruta inclúese dentro do programa "Coñece Mugardos!".

CARTEL A3 ASOCIACION VECIÑAL MONTEFARO MUGARDOS.jpg

INFORMACIÓN SOBRE ESTA RUTA

Esta ruta desenvolverase o 2 de abril a partir das 10:00 horas. Inscríbete xa!

  • Saímos as 10:00 horas dende o Concello de Mugardos, baixamos pola Avda. de Galicia e collemos pola rúa do Mercado. Cruzamos para a rúa Apelón, logo se sube pola rúa San Fernando e dende aquí cruzaremos a rúa Alta para subir polo canellón que nos leva á rúa Lousido.
  • Na rúa do Lousido subimos as escaleiras para chegar á rúa do Peteiro cara o Instituto e chegar ao Monte da Pandoira para logo baixar ao cemiterio. Dende aquí baixamos ata O Baño polos carreiros da urbanización do Pazo das Condesas.
  • Chegando ao Baño, collemos o camiño que nos vai levar á Bailadora, para de seguido baixar cara a Redonda de Arriba, logo collemos a rúa da Palma e baixamos á Baliza, pasando polo Castelo ata chegar á liña marítima do Castelo de San Martiño.
  • Chegados a este punto, daremos a volta para chegar á Redonda de Abaixo, coller o Camiño Vello e volver novamente ao Baño. Dende aquí subiremos polos Bailós, seguindo pola rúa do Peteiro para chegar aos bancos do Miradoiro das Mareas.
  • Dende as Mareas camiñamos cara Mugardos  collendo antes un carreiro que baixa para a Punta do Moceno, percorrendo a Praia da Bestarruza, seguindo polo paseo marítimo e rematando a ruta na Praza do Cantón de Cora.

Descarga o modelo de solicitude co cuestionario de saúde para entregar na OMIX.

Coñece Mugardos!