Xornadas formativas e de difusión da cultura mariñeira

Desde o  GALP A MARIÑA ORTEGAL e o GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE estase a desenvolver o proxecto “MARES DE EXPERIENCIAS” co o obxectivo de promover e dinamizar os territorios desde o sector turístico e pesqueiro.

Para asistir é necesario inscribirse no seguinte correo: pilartorres@valoraconsu

O vindeido 27 de setembro de 11:00 a 12.30 horas celebrarase en Narón, no Café Teatro sito no Pazo da Cultura de Narón (Rúa Holanda, s/n), unha Xornada de Difusión da Cultura Mariñeira, na que se informará á poboación sobre cal é o potencial económico e de xeración de emprego do turismo mariñeiro.

Despois destes seminarios de difusión, celebraranse unhas xornadas formativas para a diversificación do sector turístico e pesqueiro. Estas sesións formativas terán lugar en Miño entre o mes de setembro e outubro 2017, na Casa do Pescador de Miño, Rúa Curro, 33.

Os contidos, datas e hora das xornadas, son as seguintes:
 
  • PLAN DE NEGOCIO (2 sesións): 28 de setembro de 10:00 a 13:00 horas (1ª sesión), e 4 de outubro de 10:00 a 13:00 horas (2ª sesión).
  • PLAN DE MARKETING (2 sesións): 11 de outubro de 10:00 a 13:00 horas (1ª sesión) e de 16:00 a 19:00 horas (2ª sesión).
  • LEXISLACIÓN: 19 de outubro de 9:30 a 13:30 horas.
  • CREACIÓN DE REDES: 26 de outubro de 9:30 a 13:30 horas.
 
Para asistir é necesario inscribirse no seguinte correo: pilartorres@valoraconsultores.com ou ben chamar ao número de teléfono 673 472 735.