As vosas lembranzas...

A este portal dálle vida toda a xente que nalgún momento participou na Festa do Polbo ao longo destes 27 anos. Cantas lembranzas tedes?

Se queredes compartilas e participar activamente na difusión da Festa podedes facer as vosas achegas persoalmente no Rexistro Xeral do Concello de Mugardos:

  • Luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas

  • Sábados de 9.00 a 13.00 horas

Podedes achegar recortes de periódico, camisolas, fotos, entradas, vídeos, carteis...Todo o material será debidamente procesado e devolto aos seus propietarios.