José Antonio López Vilariño, representante da SCRD San Xoán de Piñeiro

"O máis bonito de todo é a festa que se organiza durante a preparación e despois na carpa, colaborando coas demais sociedades que nós consideramos como un día festivo."

peirao beirarrúas_2249355.jpg

E: Preséntanos a vosa asociación

Jose Antonio: Somos dunha das aldeas do Concello. A nosa actividade máis importante é unha maratón popular, estamos no circuito da Deputación, é bastante importante a nivel da provincia da Coruña, pero temos tamén actividades culturais. O noso obxectivo é xuntar á xente, xuventude e maiores...para facer actividades culturais, deportivas...de todo tipo! Os invernos en Galicia son moi longos e hai que unir á xente.

E: Que é o que vos parece máis bonito de participar na Festa?

JA: O máis bonito é que fai que participe a moitísima xente da sociedade. Entre uns motivos ou outros participan arredor de 30 persoas da sociedade na preparación e elaboración, hai outra xente que axuda doutras maneiras na festa. O máis bonito de todo é a festa que se organiza durante a preparación e despois na carpa, colaborando coas demais sociedades que nós consideramos como un día festivo. Temos xente incluso de máis que non pode vir á que lle gusta a festa do polbo.

E: Dende cando participades?

JA: Levamos nove anos participando

E: Por que decidides colaborar?

JA: Un motivo é a colaboración entre a asociación e o Concello. O Concello bótanos unha man económicamente e nós ofrecemos a nosa colaboración no traballo, na elaboración e en todas as cousas que sexan menester para que o resultado da Festa sexa o mellor.

E: Algunha lembranza que mereza a pena contar?

JA: O máis bonito que vexo na Festa do Polbo a diferencia doutras festas gastronómicas son as pandillas que hai coas cancións de todo tipo, as charangas, os grupos de gaitas...penso que non as ves noutras festas, eso é para min realza a festa, dalle un toque diferente con respecto a outras festas gastronómicas.

E: Esas son as peñas, non si?

JA: Efectivamente. As peñas fan moitas actividades, eso diferencia esta festa doutras. Xúntanse só para a festa. Teñen unha serie de concursos e de actividades de todo tipo: carreiras de carretillas, carreira de sacos...As desenvolven durante toda a semana e o día do Polbo están na carpa cos seus cánticos e coa súa festa. Penso que eso non o ves en ningunha outra festa gastronómica destas características.

E: Que cres que significa para Mugardos a Festa?

JA: Aquí en Mugardos é o buque insignia do concello. Proxecta a imaxe do municipio tanto a nivel de Galicia como de España. Os monumentos que ten Mugardos: baterías, Castelo da Palma, a Ría...pódense promocionar e poñer en valor indirectamente co reclamo da Festa do Polbo  aínda que agora non estean moito en valor.

E: Notades a afluencia de visitantes neses días?

JA: Toda a xente que veranea nesta zona achégase...tamén xente de Castela, de Madrid...

E: Veslle algún punto forte á Festa?

JA: A organización. Eu destacaría a inmediatez do servizo, vas a outras festas e tes que esperarar unhas colas enormes. As oito asociación damos servizo inmediatamente. Vas a outras e tes que facer unhas colas horribles de horas esperando... Aínda que somos moitas persoas de moitas asociacións, estamos ben organizados.

E: Algunha lembranza arredor da festa que queiras e poidas comentar?

JA: Nós levamos só 9 anos, as lembranzas serían máis dos que empezaron que o tiveron que pasar moi mal: non había carpas...Eu viñera dúas veces cando a facían no Ratón e era completamente diferente

E: En que lugares se foi colocando?

JA: Empezou no Esteiro, estivo no Cantón de Cora (O Ratón)...

E: Véndenos a Festa do Polbo de Mugardos

JA: A xente ten que vir, primeiro pola ubicación onde está a carpa que ten unha vista panorámica sobre a Ría de Ferrol impresionante. Segundo punto, e importantísimo, os aparcadoiros moi importantes para toda a xente que se achega en coche, noutras festas a xente ten que aparcar a kilómetros e ás veces por estes motivos vanse sen comer.

E: Onde están os aparcamentos?

JA: Están practicamente a 200-300m da carpa. Outra das razóns para vir é a calidade do polbo que é fora de serie. En España é o único sitio, penso que case no mundo excepto os xaponeses, no que se cociña, non sei se haberá máis pobos que o fagan. Outro motivo para vir é o ambiente festivo que se respira dende pola mañá ata que se remata a festa.