O Camiño que te leva

A Festa do Polbo de Mugardos, nas verbas de Xabier Paz.

A Festa do Polbo de Mugardos, nas verbas de Xabier Paz.

Xabier Paz quixo partillar e contarvos a todos e todas cales son as súas lembranzas sobre a nosa prezada Festa do Polbo:

"Algunhas veces o camiño é máis interesante que o destino. Eso pasa na Festa do Polbo de Mugardos. Vas baixando por entre as leiras e eiras das casas típicas e por fin chegas onde se celebra. Entón un cheirume a polbo e un ambiente de folclore invádeche o corpo. Tras agardar unha cola que parece máis un galiñeiro, ten lugar un espectáculo admirable protagonizado polas agrupacións. Chega o momento! O teu estómago fala xa dicíndoche que quere comer ese pan mollado e engulir o polbo...

Degustando e farreando coñeces xente nova coma ti e compartes con eles a ledicia que ten este día tan especial.

Vivir a festa é algo persoal e único, pero a enerxía que arrastra é común a todos os que alí a comparten."