Pedro Fernández, da Asociación Cultural "Confraría de Jesús Nazareno"

"A recomendaría pola facilidade de acceso que ten a xente para participar na festa e pola propia Festa do Polbo, xa que é unha maneira de coñecer xeitos diferentes de cociñar o polbo"

 

Pedro Fernández, da Asociación Cultural “Confradía de Jesús Nazareno"

Entrevista: Canto leva a vosa Asociación Cultural participando?

Pedro Fernández: Nós levamos 4 anos, este vai ser o quinto, participando na festa. Pouco poido engadir ao que dixeron os demais representantes.  Eu xa tiven a sorte de entrar con todo feito, todo organizado. Antes era máis complicado, che traían o polbo, te chamaban con 20 kg veña abaixo ao peirao, límpalo, conxelalo...Enchían as sociedades con 200 kg. 

E: Como vivides este evento dende a Confraría?

PF: É unha festa para nós, todos os que participamos os que somos socios da Confraría e tamén algunhas mulleres. Aínda que as mulleres non son socias veñen para botarnos unha man á hora de cociñalo e traballar. Nós o temos como unha xornada festiva! 

E: Como foi a túa experiencia antes de participar do outro lado da barra?

PF: Eu viña. Sempre foi como unha festa aparte do Carme. É típica de aquí de Mugardos. Aproveitabase que había moita xente polo Carme o sábado para que quedaran o domingo. Agora fíxose unha festa aparte na que participamos todos os mugardeses e mugardesas. É unha marabilla! Eu que fun militar e andiven moito por fora, cando me coincidía coas vacacións participaba na festa encantado,

E: Baixo o teu punto de vista que importancia lle dan os mugardeses a este evento?

PF: Agora en toda Galicia está moi de moda o das festas gastronómicas: da orella, da filloa, o pan, as tapas,... En Mugardos se aproveitou moi ben o máis típico de aquí, que é o polbo, o polbo á mugardesa. É moi bo que se manteña este xeito de facelo, o típico de “á mugardesa”. É unha maneira diferente e distintiva do pobo de Mugardos.

E: Recomenda a Festa do Polbo de Mugardos aos visitantes:

PF: A recomendaría por varias razóns, entre elas:

  • A facilidade de acceso que ten a xente para participar na festa. Pode chegar co coche practicamente ao lugar. Hai 2 aparcamentos un a 10 metros outro a 200, a pé de festa!

  • E pola propia Festa do Polbo, que é unha maneira de coñecer xeitos diferentes de cociñar o polbo.