Vivencias de Fabián Villalabeita Copena en Mugardos

"Sempre me chamaba a atención o pobo de enfrente e cando preguntei o nome dixéronme que era Mugardos."

Fabian_testimonio.jpg

Fabián Villalabeita Copena naceu en Ferrol e cando tiña 1 ano levárono a vivir a Base Naval da Graña, dende alí vía Mugardos. Él non coñecía Mugardos pero chamáballe a atención enton "un día que estaba dando un paseo pola Base co pai de Juan Pardo, cando este era Comandante da Base naval da Graña pregunteille como era aquel pobo" ao que el contestou que era moi bonito e que se chamaba Mugardos.

Don Carlos Pardo Godino tamén dicía que os pescadores dalí adicábanse ao polbo e que algún día levaría a Fabián a velos. Un día levouno a Mugardos e ao Seixo, "foi para min como un descubrimento desas terras que fai un neno con 6 anos". Cando o noso protagonista volveu á Graña escoitaba aos pescadores de alí chamarlle aos de Mugardos os Pulpeiros "que ninguén se ofenda e a moita honra".

O protagonista desta historia despídese dese xeito "Unha aperta moi grande a Luis Ángel Penín Bellon, compañeiro de xogos e fatigas de nenos na Real Villa da Graña e un saúdo a todos os Mugardeses"