Dentro do proxecto FESTA DO POLBO DE MUGARDOS realizaronse varios obradoiros

Venres, 1 de Setembro de 2017

Coñece os obradoiros gastronómicos organizados con motivo da celebración da Festa do Polbo 2017.

Realizáronse  3 obradoiros e cada un constaba de  dúas sesións facendo un total

OBRADOIRO “O POLBIÑO COCIÑEIRO”

Realizáronse  3 obradoiros e cada un constaba de  dúas sesións facendo un total de 6 showcookings co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dos colexios CEIP Santiago Apóstol, CEIP Unión Mugardesa e Colexio Loyola.

Estes talleres realizáronse o 19 e 20 de maio e o 2,3,9 e 10 de xuño de 2017.

Os obxectivos acadados nestes Obradoiros, nos que o polbo era o ingrediente principal, foron:

  • Difundir a gastronomía mariñeira entre os nenos e nenas.
  • Coñecer o produto en fresco.
  • Aprender a preparar pratos sinxelos con este produto, sen esquecer as formas tradicionais de cociñalo.

 

OBRADOIRO DE COCIÑA PARA PROFESIONAIS DA HOSTALARÍA

O pasado 20 e 21 de xuño de 2017 o chef  Miguel Ángel Campos membro da asociación de cociñeiros Grupo Nove impartiu un obradoiro de cociña para os profesionais da hostalaría. Neste obradoiro participou o persoal de 6 establecementos da hostalaría mugardesa.

A principal finalidade do mesmo foi ofrecer a mellor imaxe posible do sector, dotando aos profesionais dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para que poidan ampliar a súa oferta de tapas baseadas nun tratamento sinxelo e innovador dos produtos autóctonos, da comarca, principalmente do mar.

Os obxectivos que se perseguían eran o de mellorar a calidade gastronómica dos negocios de restauración, modernizar a cociña local, fomentar a cultura do tapeo, promover a especialización na elaboración de determinadas receitas por parte de cada un dos establecementos participantes, asesoralos de cara a futuras accións e buscar a tipoloxía de tapas que mellor se adapta a cada local.