Descubre os aspectos máis singulares e históricos de Mugardos

Venres, 11 de Agosto de 2017

A Oficina de Información Turística do Concello de Mugardos poñerá en marcha, a partires deste sábado 12 de Agosto, un programa de visitas guiadas.

Fachada marítima de Mugardos

A finalidade é dar a coñecer os aspectos máis singulares e históricos da súa fachada marítima, como a pedra de mazar o polbo, o fito lembrando o afundimento da lancha do 1947, expoñentes da arquitectura como a casa de Dans Arrabal e a Casa da Serea, ou vestixios da historia recente como a antiga fábrica de Salazón da Bestarruza.

Serán dúas visitas diarias, os venres e sábados, a primeira ás 12:30 e a segunda ás 19:15.

Para inscribirse os interesados pódense dirixir á propia OIT, na Avenida do Mar 1, ou no seu teléfono, 630 885 761 en horario de 11:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 de luns a domingo.