Sigue a conta da Concellería de Turismo en Instagram!

Venres, 8 de Setembro de 2017

A Concellería de Turismo estrea estes días a súa conta de Instagram.

@turismomugardos.

A Concellería de Turismo traballa arreo na difusión e promoción do Concello de Mugardos como centro de interese turístico, dentro e fóra da nosa comunidade. Ben coñecida é a capacidade das redes sociais para poder achegar ás persoas a lugares de case calquera recuncho do mundo. Instagram é unha rede social de moda, eminentemente visual e moi propicia para a promoción de comunidades e contornas de beleza coñecida, como é Mugardos. Por este motivo a Concellería escolleu esta rede social para traballar dende ela na promoción do noso concello.

Podes seguir a conta de Turismo de Mugardos aquí: @turismomugardos