Venda anticipada de tiquets da Festa do Polbo

Martes, 4 de Xullo de 2017

Do 5 ao 7 de xullo podes adquirir anticipadamente os tiquets de consumición para probar a empanada e o polbo na Festa.

Os tiquets poden mercarse na Oficina de Recadación do Concello, en horario de ma

Os tiquets poden mercarse na Oficina de Recadación do Concello, en horario de mañá a partir das 9 horas.

Prezos

  • O tiquet de polbo ten un custo de 10 euros e inclúe a ración de polbo, unha cunca para viño e pan.
  • O tiquet de empanada ten un custo de 2 euros.