XXVII Festa do Polbo de Mugardos: información e programa

Martes, 4 de Xullo de 2017

Consulta o programa de actividades e toda a información para gozar da festa do 8 de xullo sen dificultade.

Consulta o programa para o 8 de xullo

O vindeiro 8 de xullo desenvolverase no noso concello a XXVII Festa do Polbo de Mugardos, declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia.

O POLBO E A EMPANADA

A partir das 12:00 horas comezará a venda de tiquets. Os tiquets poden adquirirse de xeito anticipado.

A partir das 13:00 horas comezará o reparto de polbo.

Prezos

  • O tiquet de polbo ten un custo de 10 euros e inclúe a ración de polbo, unha cunca para viño e pan.
  • O tiquet de empanada ten un custo de 2 euros.

AS CAMISOLAS

Queres unha camisola da Festa do Polbo de Mugardos? Podes mercala nas tendas Sermuga, Quiosco Loli, Globecientos Arte del Globo e Mercería Dolores, en Mugardos.

Prezo

As camisolas deseñadas pola firma galega Rei Zentolo teñen un custo de 12 euros.

ACTUACIÓNS MUSICAIS

Durante a Festa haberá as seguintes actuacións:

  • 13:30 horas: Actuación de Trópico de Grelos, pola zona do peirao.
  • 18:00 horas: Actuación de Kilomberos de MonteAlto, pola Avenida de Galicia.
  • 23:00 horas: Actuación da orquestra Top Líder, no Cantón de Cora.

PARA A XENTE MÁIS NOVA

Para a xentiña máis cativa entre as 17:00 e as 20:00 horas haberá castelos de aire con acceso gratuíto.

COMO CHEGAR

Por terra

Estas son as zonas habilitadas para aparcar:

Onde aparcar na XXVII Festa do Polbo de Mugardos

Entre as 12:30 e as 16:00 horas hai un servizo de bus lanzadeira dende A Pedreira ata o peirao, cunha frecuencia de 15 minutos.

En lancha

Entre as 13:00 e as 16:00 horas funcionará o servizo de lanchas Ferrol-Mugardos con saídas cada media hora.

Os paseos pola Ría están programados para as 17:00, 18:00 e 19:00 horas.