Descubre o Caixón das palabras do mar

Embarcación de regatas cunha estructura alongada e estreita, na que compiten trece remeiros e un patrón.

Remo de gran tamaño, que o patrón leva na popa e usado como timón.

Mariñeiro que rema na zona máis preta á proa.

tolete.jpg

Parte da embarcación (normalmente cilíndrico) onde se apoia o remo.

proa.jpg

Parte dianteira dunha embarcación.

popa.jpg

Parte traseira dunha embarcación.

pa.jpg

Parte do remo plana e alargada que está en contacto co mar e impulsa a embarcación.

loitadeiro.png

Parte da embarcación ónde se apoia o remo.

bancada.jpg

Conxunto de táboas das embarcacións pequenas colocadas de babor a estribor, para que senten os encargados de vogar.

Nécora

É unha especie de crustáceo decápodo do infraorden Brachyura. É un cangrexo de mediano tamaño moi apreciado en gastronomía. Posúe unha cuncha en forma de hexágono irregular de cor parda e dous ollos prominentes vermellos. A cuncha ten unhas lixeiras vellosidades. Ten cinco pares de patas, as primeiras transformadas en pinzas. Xeralmente fai vida nocturna, vive preto da costa entre as rocas a profundidades non superiores a 50 metros, onde se alimenta de algas e peixes mortos. Hai veces nas que chegan a devorar outras nécoras. O seu tamaño aproximado é de 10 cm.

Espigón

Un espigón, rompeolas ou dique é unha estrutura non lineal construída con bloques de roca de dimensións considerables, ou con elementos prefabricados de formigón, (cubos, paralelepípedos, dolos e tetrápodos ou quadrípodos).

Colócanse dentro da auga próximos á costa marítima, coa intención de aumentar o fluxo en varias direccións determinadas, reducir a ondada ou evitar a decantación de area.

Gamela

Embarcación tradicional galega, que se emprega na pesca de baixura para capturar peixes con cordas ou redes artesanais.

Faro en Mugardos

Torre cunha lanterna na parte máis alta, situada nalgún punto ostensible da costa ou dun arrecife, que serve para facilitar a navegación.

Ria Ferrol

Penetración que forma o mar na costa pola desembocadura dun río a causa do afundimento dunha parte do litoral.
Na foto pódese apreciar a ría de Ferrol que forma parte das Rías Altas. Nas súas beiras atópanse os municipios galegos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos e Ares. Nela desemboca e a forma o río Jubia.
 

Molusco lamelibranquio

Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que ten a cuncha bivalva, irregular e áspera con liñas de crecemento laminar por fóra e lisa e anacarada por dentro. Habita nas costas de todos os mares europeos e soporta perfectamente os cambios de salinidade provocados polas mareas. Consómese normalmente en cru, con ou sen limón.

Caracol mariño

É un caracol mariño cun caparazón helicoidal que apenas alcanza os 20 mm. A súa cor é negro excepto o orificio de entrada que é de cor branca. Vive no medio das rocas e aliméntase de algas. Ten unha membrana dura que o protexe totalmente do exterior. Aínda que sorprenda, a captura desta especie tamén está sometida ao control de tallas mínimas e aos plans de explotación marisqueira.

Batea, plataforma flotante

Plataforma flotante fixada no mar con cordas penduradas para a cría de mexillóns ou ostras. Nas bateas crecen os moluscos desexados: mexillóns ou ostras, pero tamén numerosos peixes e outro tipo de moluscos, así como multitude de algas que se adhiren ás cordas. Desta forma temos que, co paso do tempo, unha batea acaba sendo un ecosistema moi rico.

Sotavento

A parte de sotavento é o lado oposto, tendo como referencia o centro da embarcación.

Barlovento

Nunha embarcación a vela, barlovento é por onde incide o vento á embarcación.

Vara longa

Vara longa rematada nunha peza de metal con varios ganchos, que se emprega para arrastrar de entre a area os berberechos e as ameixas. A lonxitude da vara depende da profundidade á que se traballe, que pode chegar a ser de 10 metros desde a embarcación ata o fondo. As varas usadas nestes casos poden chegar a superar o 25 m. de lonxitude. Unha vez rascado o fondo, o raño sóbese ata a superficie e ao axitalo, o substrato cóase polas rendixas mentres que as especies quedan retidas.

Gaivota

Ave mariña, da familia dos láridos. Xeralmente de tons cincentos no dorso e brancos no ventre nos adultos, nos máis novos e inmaduros a plumaxe é habitualmente parda. Son especies de hábitos costeiros.

Laminaria alga parda

É un xénero de algas pardas (Phaeophyceae) caracterizado por láminas longas, correúdas e relativamente grandes. É un xénero economicamente importante que comprende 31 especies, presentan unha lámina ramificada e un forte rizoide que lles permite adherirse ao substrato das costas expostas e semiexpostas.

Carrete

Instrumento, colocado na cana de pescar, provisto dun mecanismo que consiste nunha manivela coa que se fai xirar a bobina na que está debandada a sedela.

 1.- Arco guiahilo, 2.- Cana, 3.- Pé de suxeición, 4.- Manivela, 5.- Pata de carrete, 6.- Sistema de bloqueo de retroceso, 7.- Bobina de tambor fixo, 8.- Bobina de aloxamento do fío, 9.- Freo

 baliza flotante

Unha boia é unha baliza flotante situada nun río ou no mar e xeralmente ancorada ao fondo, que pode ter diversas finalidades, principalmente para a orientación das embarcacións e sinalización de obxectos mergullados.

Peixe osteíctio, perciforme

Peixe osteíctio, perciforme, da familia dos morónidos, que ten o corpo alongado, de cor prateada, dúas aletas dorsais separadas e raios espiñosos na primeira aleta dorsal, na anal e nas ventrais. Este peixe afai nadar polas costas rochosas e polos areais, as zonas de estuarios, os portos e as dársenas, onde aproveita para alimentarse, e mesmo pode penetrar polas augas doces das rías. Se se quere pescar robalizas, sempre hai que buscalas na superficie, a moi pouca profundidade e con bo movemento de ondas, escuma e remolinos.

Peixe mariño de corpo moi longo e cilíndrico

Peixe mariño de corpo moi longo e cilíndrico parecido ao dunha serpe, de ata 2,5 m de lonxitude, cor negra ou gris escuro, sen escamas; vive nos fondos mariños, habitualmente escondido en covas; é voraz e nocturno; hai varias especies; a súa carne é comestible. O congro pertence á familia dos Cóngridos, orde Anguiliformes.

Molusco cefalópodo

Molusco cefalópodo, da orde dos decápodos, que posúe corpo ovado e comprimido, con dúas aletas que percorren todo o corpo e ao redor da boca presenta oito brazos e dous tentáculos moito máis longos que rematan nunhas ventosas. Na parte final do intestino ten unha bolsa de tinta de cor escura que expulsa cando se ve alarmado. Sinónimos: choupu, sepia, xiba

Peixe, da familia dos soleidos

Peixe, da familia dos soleidos, que ten o corpo asimétrico, oval e moi aplanado, cabeza pequena e redondeada, boca lateral e ollos pequenos e xuntos. A aleta dorsal e anal están ligadas á caudal por medio dunha membrana, e a pectoral do lado cego ten unha mancha negra. A súa coloración é parda grisácea na parte superior, con manchas redondas, irregulares e escuras, e a cara interna é de cor clara. Aliméntase de moluscos, poliquetos e pequenos crustáceos e habita nos fondos lodosos e areosos.

Crustáceo cirrípedo da orde dos torácicos

Crustáceo cirrípedo da orde dos torácicos, que pertence aos xéneros Lepas, Pollicipes e Scalpellum, e que se caracteriza por adherirse ás rochas mediante un pedúnculo carnoso en que hai unha rexión cefálica, mentres que o resto do corpo está protexido por unhas placas calcarias.

lorcho.jpg

O lorcho alcanza entre os 15 e os 17 cm de lonxitude.

Cabeza grande, dúas aletas dorsais visiblemente separadas, cor escura xeralmente gris escura ou parda con manchas claras especialmente aos lados.

leñador.png

É un lazo provisional formado arredor de obxectos tales como madeiros de árbores, taboleiros ou postes, de forma que poidan ser arrastrados, empurrados, subidos ou baixados. É un nó moi útil que pode conseguir rapidez, é seguro e non se aperta.

nudo.jpeg

Úsase como nó de tope e execútase a intervalos regulares en cordas de rescate. A súa aplicación máis común é a de manter o cabo cando este se pasa a través do ollo dunha agulla. Non é demasiado popular entre os mariñeiros, xa que resulta difícil de desfacer cando está mollado.
 

llano.png

Trátase dun nó básico de bo agarre e moi doado desfacer. Non debe ser utilizado se os cabos a unir son de seccións moi diferentes. Con cabos iguais funciona ben.

corredizo.png

É un nó corredizo moi utilizado no mar, xa que non debilita a corda e é moi seguro. Ademais corre moi ben e desfaise sen grandes esforzos. Adóitase utilizar para montar aparellos móbiles ou para recoller obxectos que estean a flote.

horca.png

É un nó que permite deslizar doadamente ao cabo e soporta sen problemas os tiróns. É importante recordar que o número de voltas a dar debe ser impar e como mínimo de 6 voltas.

margarita.png

Serve para acurtar a lonxitude dun cabo e ten as características de non desgastar o cabo, pódese desfacer moi doadamente aínda que se sometese a tensións elevadas.

quilla.jpg

É a peza máis importante da estrutura sobre a que se constrúe un barco.

orza.png

É unha peza utilizada para evitar a deriva producida polo vento. Pode estar situada aos costados, como nas embarcacións antigas, ou nunha caixa central colocada baixo a quilla da embarcación.

vela maior.jpg

Utilizada para propulsar unha embarcación mediante a acción do vento sobre ela.

timón.jpg

É o dispositivo utilizado para manobrar un medio de transporte que se mova a través dun fluído.
 

imgo8.jpeg

A popa é a parte traseira dun barco, mentres que a parte dianteira chámase proa.

mastil.jpg

É o gran pau vertical que suxeita as velas. Os barcos grandes poden ter varios mástiles, variando o seu número, tamaño e disposición en función do tipo de barco.

foque.jpg

É a denominación xeral de todas as velas triangulares de menor tamaño.
 

cuberta.jpg

A cuberta é cada unha das superficies de madeira ou metálicos dun barco.

casco.jpg

O casco é o armazón ou estrutura interna dun barco.

babor-estribor.jpg

É o lado esquerdo do barco e o lado dereito chamarase estribor.
 

hélice.jpg

As hélices converten a enerxía rotacional xerada polo motor no empuxe necesario para o desprazamento dun barco.

tentaculos.jpg

Os tentáculos son órganos alongados e flexibles que se encontran nalgúns animais e contan con ventosas nas puntas. Úsanse para a alimentación, como órgano sensitivo ou para a alimentación.

sifon.jpg

Órgano que os cefalópodos utilizan para desprazarse mediante propulsión a chorro, é en realidade unha modificación evolutiva do pé dos caracois.

ventosas.jpg

Son uns músculos presentes nos cefalópodos, principalmente en polbos e luras. Teñen forma circular e están feitas de carne e tecido muscular do mesmo tipo que o resto do corpo.

merlón.png

O merlón é un peixe da familia Labridae que habita o leste do océano Atlántico.

peto.jpeg

 Animal mariño pertencente aos equinodermos. Existen aproximadamente 940 especies que habitan todos os océanos, ata os 5000 metros de profundidade.

tembladoira.jpeg

A tembladoira pertence á familia das raias ten un corpo redondo e moi groso, mentres que a súa cabeza é chata. Ten unhas aletas pectorais grandes e redondeadas e encóntranse situadas a cada un dos lados do seu corpo.

liberna.jpeg

A liberna é un peixe robusto con cabeza grande. Estes peixes viven en fondos areentos e aliméntanse de pequenos mariscos, luras e pequenos peixes.

pancho.png

Peixe de mar moi parecido ao ollomol, pero máis pequeno.

escarapote.jpg

Peixe  de cor vermella e cuberta de espiñas. O seu peso pode chegar até case o 3 kg pero son raros os exemplares de máis de 1,5-2 kg. Normalmente atópase a profundidades dende os 10 aos 500 m, aínda que é posible atopalos con pouca auga semienterrados na area.

cazon.jpg

Quenlla de até 2 m de longo, moi voraz, de corpo case cilíndrico, cinco aberturas branquiales, dúas aletas dorsais, boca semicircular e dentes afiados e cortantes; a súa carne é comestible.

ancora.jpg

Instrumento de ferro ou aceiro , de formas variadas, que serve para suxeitar a embarcación ao fondo do mar por medio dun cable ,cabo ou cadea.

meiga.jpeg

Peixe de mar semellante ao linguado pero máis pequeno.

curuxo.jpg

Peixe plano semellante ó rodaballo pero de menor tamaño.

volta de escota

Tipo de nó mariñeiro.

Imaxe tomada no restaurante mugardés As de Guía.

Encapilladura

Tipo de nó mariñeiro.

Imaxe tomada no restaurante mugardés As de Guía

Calabrote doble

Tipo de nó mariñeiro

Imaxe tomada no restaurante mugardés As de Guía.

Noray

Poste para amarrar as embarcacións 

Nasa

Artificio para pesca consistente nunha cesta cilíndrica, cun embude cunha punta cara a dentro nunha das súas bases, e unha tapadeira na oposta

Redes

Tecido formado por mallas de diversos tamaños e materiais, en especial aquel que se emprega para pescar.

Nó As de Guía

Tipo de nó mariñeiro.

Imaxe tomada no restaurante mugardés As de Guía.

Cigarrón.jpg

Barril que levaban antigamente os mariñeiros para transportar auga

Escuma.jpg

Escuma fluorescente que se produce pola electricidade estática e o plancto da auga ao pasar un barco e deixar a estela.

tolda.png

Cuberta do barco.

Estrobo.png

Costado do barco. Mura de babor ou estribor

leme.jpg

"Timón".
 

Aparellos.jpg

As cousas que hai nas embarcacións,os pertrechos.

Argazo.jpg

Ou estrume.

Tipo de alga típica das rías

Calma Podre

Cando non hai ondas no mar. O mar está coma un prato.

Kayak_Mugardos.jpg

Canoa de pesca usada polos esquimós, tradicionalmente fabricada con pel de foca, cuxa cuberta só ten unha abertura, pechada cun material impermeable que se axusta ao tronco do tripulante.

ciaboga_Mugardos.jpg

Volta que se faí dar a unha embarcación manexando os remos de ambas bandas en sentido inverso

Traiña

Embarcación deportiva, en orixe embarcación de pesca.

Estrobo.jpg

Aro de corda que suxeita o remo ao tolete.

marmulo.jpg

Alga esvaradía da zona intermareal. Tenta, non esvares no marmulo.

carneirolos.jpg

Molusco bivalvo de cuncha grosa e sólida e forma circular.

vogar.jpg

Navegar. Impulsar unha embarcación pola forza  dos remos.