Nova actividade de sendeirismo "Coñecendo Mugardos"

Mediante estas rutas coñecerás o noso concello e a comarca. Participa inscribíndote na OMIX!

Sendeirismo: Coñecendo Mugardos

Apúntate a camiñar e a coñecer o noso concello e a comarca! Todos os meses hai unha ruta de sendeirismo programada. As datas das próximas rutas previstas son as seguintes:

  • 13 de setembro de 2015
  • 11 de outubro de 2015
  • 8 de novembro de 2015
  • 13 de decembro de 2015
  • 10 de xaneiro de 2016
  • 14 de febreiro de 2016
  • 13 de marzo de 2016
  • 10 de abril de 2016
  • 8 de maio de 2016

As saídas efecturanse ás 10:00 horas e os regresos ás 13:30 horas. 

Estas rutas son para todos os públicos xa que o nivel de dificultade destas rutas é baixo.

Inscricións:

  • As inscricións deben formalizarse na OMIX do Concello de Mugardos en horario de luns a venres, entre as 09:00 horas e as 14:00 horas.

Na organización destas rutas colabora co Concello de Mugardos a AAVV Montefaro de Mugardos.