Obradoiro de camisetas da Festa do Polbo na Biblioteca Municipal

Este obradoiro para maiores de 12 anos desenvolverase o vindeiro 6 de xullo.

Obradoiro de camisetas da Festa do Polbo na Biblioteca Municipal

Este divertido obradoiro de personalización de camisetas desenvolverase o vindeiro mércores, 6 de xullo en horario de mañá, concretamente entre as 11:30 e as 13:30 horas.

A idade mínima para participar é de 12 anos.

Trátase dunha actividade creativa á que tamén se poden inscribir todas aquelas persoas adultas que así o desexen, pero tendo en conta que o número de prazas é limitado.

  • A inscrición está aberta.
  • Máis información: Na Biblioteca Municipal ou no teléfono 981 470 301.

Obradoiro de camisetas da Festa do Polbo 2016