Showcooking en Mugardos

O Concello de Mugardos organizou o pasado mércores día 28 un showcooking no que participou Héctor López, membro do Grupo Nove e cociñeiro do restaurante España, en Lugo.

Imaxe: Ovidio Aldegunde Álvarez

A primeira parte da actividade se centrou nunha degustación dos pinchos presentados polos establecementos que participan na IV Ruta dos Pinchos, e que dará comezo o día 2 de maio.

O xurado composto por Héctor López, Grupo Nove, Pilar Díaz, 1ª Tenente Alcalde e Eugenio Fernández, cociñeiro, tivo unha difícil decisión tras comprobar o alto nivel que presentaban as propostas realizadas pola hostalaría de Mugardos.

O fallo do xurado darase a coñecer o día 6 de xuño cando remata a IV Ruta dos Pinchos.  Esta actividade de promoción da gastronomía de Mugardos e da hostalería desenvolverase os sábados.

A segunda parte da actividade consistiu na elaboración de tres pinchos por parte de Héctor López, sendo o polbo o protagonista especial.

Esta actividade se enmarca dentro da colaboración que o Concello mantén coa hostalaría, e máis concretamente neste caso coa organización da IV Ruta de Pinchos, e co empeño posto nos últimos tempos en dar valor á gastronomía e ós produtos do mar, concretamente o polbo, para impulsar a promoción económica e turística do pobo.

(Imaxes: Ovidio Aldegunde Álvarez)