Visitas guiadas ó Castelo da Palma

O novo goberno do Concello de Mugardos chegou a un acordo cos actuais propietarios do Castelo da Palma para realizar visitas guiadas, as fins de semana do mes de agosto.

Visitas guiadas ó Castelo da Palma

O horario será sábados e domingos ás 10.00, 11.30 e 13.00 horas, con grupos de 15 persoas. As persoas interesadas poderán apuntarse, a partir do mércores 29 de xullo, na Oficina de Turismo de Mugardos, situada no Cantón de Cora.
 
O horario da Oficina de Turismo de Mugardos, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto será o seguinte:

  • Mañás: de 12.30 a 14.00 horas
  • Tardes: 16.10 a 20.00 horas

Contacto: