XXXIV edición da Maratón Popular de San Xoán de Piñeiro

Mañá sábado 5 de setembro terá lugar a XXXIV edición da Maratón Popular de San Xoán de Piñeiro, proba autorizada pola Federación Galega de Atletismo, e que forma parte do III Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

XXXIV edición da Marathón Popular de San Xoán de Piñeiro

Rematado o prazo de inscrición onte xoves día 3, hai un total de 496 persoas inscritas. O prazo de inscrición para prebenxamíns e pitufos permanecerá aberto ata unha hora antes do comezo o proba.

  • A proba comezará ás 18.00 horas.

Esta marathón é unha das probas máis prestixiosas e con máis antigüidade destas características, que se desenvolve na comarca.

  • Organizan: A SCRD de San Xoán de Piñeiro e a Asociación de Veciños de San Xoán de Piñeiro.

  • Colaboran: O Concello de Mugardos e a Deputación Provincial da Coruña