Cartel da XXVII Festa do Polbo de Mugardos

Documentación enviada por: 
Ayuntamiento de Mugardos
Cartel da XXVII Festa do Polbo de Mugardos

O Concello de Mugardos presenta a imaxe da “XXVII Festa do Polbo”, que por primeira vez centra o protagonismo na singularidade do prato que se cociña na nosa vila, o “polbo á mugardesa”, e que a diferencia doutras festas do polbo que se celebran por todo o país onde se serve o tradicional polbo á feira.

O cartel desta edición foi ideado pola recoñecida marca de deseño galego Rei Zentolo, e deixa ás claras que a nosa é unha receita diferenciada. Máis que celebrar un día de festa, o Concello de Mugardos quere incidir este ano na promoción dun prato ao que lle dedica unha festa enteira e que é un dos principais reclamos para visitar a nosa vila.