Cartel da XXVIII Festa do Polbo de Mugardos

Cartel Festa do Polbo

O Concello de Mugardos conta xa co cartel da vindeira edición da Festa do Polbo, a número 28, que se celebrará o segundo sábado de xullo, como é obrigado desde que foi declarada de Interese Turístico Galego en 2009.

A empresa Item:aga é a responsable do deseño do cartel deste ano, no se empregou unha imaxe fotográfica para destacar o produto e a marca por enriba de todo, cunha comunicación limpa e sinxela.