Antonio Somorrostro, representante do Casino Mugardés

Conversa mantida con Antonio Somorrostro, unhas das persoas que traballan na asociación Casino Mugardés na organización da Festa do Polbo.

Peirao de Mugardos

Entrevista: Cóntanos Antonio como é a vosa asociación, o Casino Mugardés?

Antonio: O Casino Mugardes é unha sociedade que xa data do ano 1922 ou 1923 aproximadamente. Se adica a colaborar nos actos do pobo culturais e recreativos, así como organizar e participar nos actos privados dos socios.

E: En que consiste a vosa achega á organización da Festa do Polbo de Mugardos?

A: Participamos na mesma medida que todas as sociedades: axudamos a organizar a festa, facemos o polbo coa nosa receita,...

E: Receita secreta?

A: Non...secreta non é.

E: Que cres que significa a Festa do Polbo para os mugardeses e mugardesas?

A: Eu penso que é unha festa de moito interese para Mugardos, porque leva tempo facéndose e porque da moita vida ao pobo. Queiramos ou non, aquí na zona de Ferrolterra o turismo, especialmente neste pobo bonito de Mugardos, é interesante que funcione como reclamo para a xente de fora, turísticamente falando. Así aquí todo o mundo gana, tanto o sector a hostalaría como a imaxe do pobo fronte ás demais zonas da comarca.

E: Falando de visitantes, dalles unhas cantas razóns para vir a Mugardos.

A: Primeiro porque Mugardos é moi bonito. Segundo porque os galegos e as galegas gostamos moito das festas gastronómicas. E terceiro poque queda un tempo moi bonito, no verán, practicamente sempre, temos moi bo tempo. E, como non, o aliciente do paseo marítimo, e as comunicacións, tanto por terra como por mar, tamén son interesantes e dignas de ver.

E: Que destacarías da túa experiencia participando nas diferentes edicións da Festa do Polbo.

A: Simplemente o compañeirismo e o bo facer todos xuntos alí para que a festa saia ben, e nada máis, eso é o bonito.