Conversa coas Anduriñas 9 (3/3)

Última parte da nosa conversa coas Anduriñas 9, na que nos contan algún segredo da súa receita de Polbo á Mugardesa

Conversa coas Anduriñas 9 (3/3)

E: Non estades orgullosas do que acadáchedes?

Mari Encarna: Aínda que os inicios foron duros, creo que iniciamos un camiño moi bonito.

Teresita: E foino. O segundo ano foi mellor que o primeiro!

E: Maruxa, cóntanos a receita, que ti tiñas un bar! Cal é o segredo?

Maruxa: Segredo... Poñemos a auga da billa ao lume cun pouco de sal. Cando empeza a ferver colles o polbo, dáslle a volta suxeitándoo pola boca, somérxelo 2 ou 3 veces na auga fervendo, así encóllenselle os tentáculos, o polbo sae como unha "boliña" e quédache para exposición! O tempo de cocción depende de como sexa o polbo e de como sexan os lumes, pero sobre 45 minutos e 1 hora. Un truco: pícalo pola parte máis gorda de arriba e se entra ben xa está. Cando isto está retirámolo do lume e poñémolo a escorrer nunha meseta para que solte todo a auga, así vai quedando sequito. Ao día seguinte cando xa está frío o curtas e déixalo preparadito. A preparación final: botas o aceite na tartera. Cando está quente, bótaslle cebola picada, moi picadita, e vaslle dando voltas, que non se doure, máis ben pochadita. Nós sempre lle botabamos un pouquiño de pemento vermello e pemento verde, un pouquiño nada máis. E así xa temos a salsa. Cando está, engádeslle un pouco de pemento doce e un pouco de picante ao gusto. Probas a salsita e se che sabe un pouquiño picantito, xa está! O retiras do lume e vas botando o polbo. Unha vez que o incorporas polo de novo ao lume ata que levante o fervor de novo. Eu particularmente sempre o boto un pouquiño de viño branco á salsa antes de botar o polbo, e dálle moita graza! Engordábanos a salsa, lle dabamos voltas e voltas e voltas e saía unha salsita gordita! Non ten máis truco, que sexa bo o polbo e que o aceite de oliva sexa o mellor posible. Eu sempre digo que o segredo é o bo aceite. O polbo quere bo aceite. Un bo polbo é o o da Ría e entre 1,900 kg ou 2,100 kg é o tamaño ideal.

Sita: Non había Ría como está, para o polbo, para os calamares...para todo!