Xurxo Gago, representante da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega

Nesta conversa mantida con Xurxo Gago, bibliotecario da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo, coñecemos algunhas das súas vivencias arredor da Festa do Polbo, vistas dende o punto de vista das asociacións.

Vista de O Seixo

Entrevista: Cóntanos quen es e a quen representas Xurxo.

Xurxo: Son Xurxo Gago, bibliotecario da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega. A nosa Sociedade ten máis de 80 anos. Foi fundada en 1927 por Felipe Bello Piñeiro o pintor, e uns amigos. A partir de aí a sociedade se adicou á cultura e e á defensa do medio do entorno do Seixo. Esta sociedade é a máis nova participando na Festa do Polbo, leva só 2 anos. Eu fun a unha soa edición. Destacaría o bo compañeirismo que hai entre as sociedades,e  tamén certa competitividade por ver quen remata antes, quen non...pero sempre, polo que vivín eu, cun gran grado de complicidade.

E: Como é a experiencia?

X: É unha experiencia única, algo único estar ao outro lado da barra servindo o polbo e vendo como a xente cos seus diferentes criterios, achégase e comentan este tipo de prato. A xente, ás veces, cando asiste espera o polbo á feira e cando lle das o polbo: é polbo á mugardesa. Entón che din..."e por que ten esta cor?" E porque non sei que, e tal e cual...tes que estar explicando. Pasoume unha vez que, a xente que ten os tickets xa sabe que a empanada é de polbo, pero chegoume un rapaz alí que me dixo: “Eu quero empanada pero que non sexa de polbo”. Entón claro, ti lle tes que dicir que aquí é todo de polbo. Te quedas abraiado! Ata hai xente que te pide o aceite e o pimentón para facelo á súa maneira.

E: Ti es de Mugardos? 

X: Non, son ferrolán, pero me acolleron aquí en Mugardos. Vivo no Seixo dende hai 5 anos.

E: Como se ve a Festa do Polbo dende o outro lado da Ría? 

X: Aínda que son de Ferrol levo moitos anos ligado a Mugardos porque meu avó vivía na Redonda. Para min Mugardos non é nada novo aínda que leve pouco tempo vivindo aquí. Dende a parte de Ferrol vese como algo moi exótico para os ferroláns. Mugardos é unha vila exótica como pode ser Laxe para os de Carballo, ou Caión para os de Malpica. Mugardos é a outra parte da Ría, e sempre se ve como Ares, como a parte veraniega de Ferrolterra.

E: E como mugardés? Como cres que se vive a Festa?

X: Paréceme algo moi importante que lle da certo carácter a este pobo. Sobre o que din das peñas, hai que estar aquí ese día hai que ver como a xuventude está unida e como cada peña se organiza. Penso que case cun ano de antelación, dun ano a outro, van preparando as súas cousas: preparan camisetas, cancións... van facendo paradas polos diferentes bares. Desenvolven moitas iniciativas, como por exemplo os campionatos.

E: As Olimpiadas?

X: Sí toda durante unha semana se desenvolven as Olimpiadas. É algo que lle da vida a Mugardos e que non se ve noutras vilas.

(Neste momento da conversa con Xurxo intervén Caco, do Galicia de Mugardos, tamén presente.)

Caco: As Olimpiadas comezan o venres antes da Festa do Polbo e rematan o sábado da Festa, duran 8 días. Todos os días hai algo: van pescar ao munxe,...É demasiado como o viven os rapaces!

X: Tiro de corda, carreiras de sacos...está moi ben!

C: As Olimpiadas haberá 7-8 anos que as fan. O das peñas de sair é de sempre, pero o das Olimpiadas non. Foi unha idea que tiveron uns rapaces de aquí, que estaban en Santiago, Cesar Pena e dous ou tres máis, así comezaron. Cando nos pediron o campo de fútbol da Pedreira, sorprendeunos! Ao comezo fixeron 4 probas agora fan 2 e botan alí toda a tarde. É precioso, é moi bonito!

X: Che da a vida!

E: É algo máis aparte do propio día, toda unha semana enteira facendo actividades, esto das peñas, tamén atrae turistas?

C: Xente de Ares, de Fene si que veñen...e como é no verán eso hai turistas por aquí, aproveitan tamén para unirse.

X: E logo unha cousa, ese día en concreto lle dan un colorido a Mugardos tremendo. Está toda a xente coas súas camisetas por aí mesturada...

E: Danos dúas razóns para a xente veña a Mugardos:

X: Vale, aí van:

  1. Probar o polbo cunha receita diferente

  2. A vila de Mugardos é un referente como imaxe de vila mariñeira de toda a vida. Aínda ten as casa típicas, que precisan fondos para rehabilitar. É unha vila que ten que ser coidada e admirada pola súa historia. Aínda que agora xa esmoreceu a pesca e o marisqueo, vai esmorecendo todoporque ´ñe o que pretenden os gobernantes moitas veces, esta vila ten unha esencia mariñeira, este pode ser o mellor reclamo que pode ter