XXVII Festa do Polbo de Mugardos

A  XXVII Festa do Polbo celebrada o pasado 8 de xullo de 2017 acadou cos obxectivos previstos, por un lado promocionar Mugardos como destino turístico gastronómico, principalmente de cociña mariñeira, e por outro fomentar a actividade económica de Mugardos principalmente nos sectores da hostalaría e do pequeno comercio.

A edición deste ano contou coa asistencia de 20000 persoas converténdose nunha das máis concorridas.

Houbo unha serie de novidades con respecto a edicións pasadas para adaptar a Festa aos tempos actuais e acadar así o seu afianzamento para seguir realizando moitas máis edicións.

Neste ano contouse con varias subvencións:

  • Axudas para os proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) por un importe de 12886 euros para sufragar gastos xerados polos obradoiros de cociña “O polbiño mariñeiro”, o obradoiro de cociña para profesionais da hostalaría, servizo de transporte marítimo e servizo de bus lanzadeira.
  • Subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, da Axencia Turismo de Galicia por importe de 3.000 euros para sufragar gastos de publicidade e difusión