Celebramos o 25º Aniversario da Festa do Polbo cun novo portal web!

Venres, 28 de Novembro de 2014

O portal créase co obxectivo de ser un nexo de unión entre todas as persoas que participan nesta festa. Será fundamental a participación dos veciños e veciñas de Mugardos mediante as achegas que poderán enviar en formato dixital ou presencialmente no Rexistro do Concello de Mugardos.

IMG_2520_maestro_b.jpg

Pretende ser unha innovadora canle de promoción e comunicación da celebración do 25 aniversario da Festa do Polbo de Mugardos así como, unha nova ferramenta dixital para poñer en valor o material vinculado con esta celebración ao longo de 25 anos.

O novo portal vai ser un espazo moi dinámico, permanentemente actualizado, que vai ofrecer aos visitantes información relevante sobre a Festa do Polbo,  actividades programadas, novas vinculadas coa festa, entrevistas, carteis elaborados ao longo destes anos,... Dado o gran potencial turístico desta Festa, de Mugardos e da comarca de Ferrolterra, punto xeográfico a onde se achegan todos os anos milleiros de turistas, a web permitirá a consulta de información en tres idiomas: galego, español e inglés.

A idea é que este espazo web co tempo vaia medrando en funcionalidades e sobre todo en contido grazas ás aportacións de todas aquelas persoas que queiran participar e achegar materiais relacionado coa Festa do Polbo. Por este motivo, vai ser fundamental a participación dos veciños e veciñas de Mugardos neste proxecto mediante as achegas que poderán enviar en formato dixital dende o propio portal ou presentándoas no Rexistro Xeral do Concello, para o seu procesado, tralo que serán devoltas.

Outras novas relacionadas

IMG_2466_maestro.jpg
27/11/2014
[comment_count]

O pasado 20 de novembro de 2014 quedou constituída a Comisión Organizadora da XXV edición da Festa do Polbo. Así mesmo xa está fixada a data de celebración da XXV edición da Festa do Polbo que será o sábado 11 de Xullo de 2015.