Festas de Verán 2015: diversión, música e gastronomía en Mugardos

Xoves, 9 de Xullo de 2015

Este é o programa das Festas de Verán 2015 en Mugardos

Festas de Verán 2015

A Festa do Polbo de Mugardos celebra o seu 25º Aniversario o vindeiro 11 de xullo. 

A partir das 13:00 horas poderase acceder á carpa situada no Parque da Constitución. Un grupo musical amenizará a degustación do polbo á mugardesa.

Dende as 18: 30 horas haberá pasarrúas a cargao de Trópico de Grelos, Bloco e Afro. O pasarrúas irá porla Avenida de Galicia, Atlántico, Helvetas, As Tradicións, Picas, Folk e Trope.

A partir das 23:00 horas, Orquesta Cañón fará bailar aos asistentes á súa actuación no Cantón de Cora.


As Festas do Carme comezarán o vindeiro 16 de xullo a partir das 22:30 horas coa actuación do grupo A Quenlla, no Parque da Constitución.

O venres 17 de xullo a partir das 22:00 horas neste mesmo lugar desenvolverase un Festival Folcklórico. O sábado 18, dende as 18:00 horas tamén no Parque, celebrarase o Certame de Corais, para deixar paso ás 23:00 horas á verbena a cargo da Orquesta La Fórmula. As Festas do Carme rematarán o 19 de xullo, co percorrido dun grupo de gaitas polas rúas de Mugardos dende as 10:30 horas. Ás 13:00 horas terá lugar a tradicional procesión marítima acompañada da Banda de Música Vila de Cedeira. Pola noite, dende as 22:30 horas a Gallaecias Star Big Band amosará as súas dotes musicais. Finalmente ás 00:30 horas haberá fogos de artificio.

Outras novas relacionadas

Festa Polbo 2015 cartelA3
11/07/2015
[comment_count]

O vindeiro sábado, 11 de xullo de 2015, celebrarase unha degustación no Parque da Constitución a partir das 13:00 h, ata rematar existencias.

parking-copia1.jpg
08/07/2015
[comment_count]

Descubre as zonas de parking habilitadas​.