O Concello organiza unha nova ruta por Mugardos o próximo 11 de decembro
Xoves, 24 de Novembro de 2016
O vindeiro 11 de decembro terá lugar a terceira ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Mugardos coa colaboración da asociación veciñal Montefaro.

Esta ruta encádrase nunha serie que estanse a realizar desde o 09 de outubro deste ano, e que ten por obxecto dar a coñecer Mugardos.
Os datos da ruta do día 11 de decembro son:
- Lugar de saída: Concello de Mugardos
- Hora de saída: 10:00
- Lugar de chegada: Praza Vella
- Hora de chegada: 14:00 horas aproximadamente
O percorrido ten previsto discorrer entre outros, polos seguintes sitios:
- Saída Concello de Mugardos
- Rúa Castelao
- Camiño do Merlo
- Rúa do Cristo
- Lagoas
- Río Seco
- Cova do Raposo (Roubeiras)
- Pontellas
- Lugar de Queira
- Estrada Mugardos-Cervás
- Lugar das Viñas
- Lugar dos Escapos
- Bordocedo
- Pena de Cervás
- Montefaro
- Bailadora
- Mosteiro de Santa Catalina
- Cervás
- Roubeiras
- Rúa do Cristo
- Chegada a Igrexa xunto á Praza Vella
Para descargar o modelo de inscrición co cuestionario de saúde e ver máis información sobre a ruta de decembro visita esta ligazón: http://www.concellodemugardos.gal/noticias/2016/09/30/co-ece-mugardos-novas-rutas-sendeirismo