O polbo á mugardesa estará moi presente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2017

Xoves, 2 de Febreiro de 2017

O sábado 4, ás 13:00 horas, na “Aula Gastronómica Galicia”, Mugardos asumirá o protagonismo coa realización dun showcooking a cargo do cociñeiro mugardés Damián Alonso, que preparará en directo o noso prato máis coñecido

FESTAPOLBO2017.jpg

O “polbo á mugardesa” será un dos protagonistas de Xantar 2017, a 18ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense dos días 1 ao 5 de febreiro.

O Concello de Mugardos estará presente no stand da Deputación da Coruña con material promocional sobre o municipio, sobre a ameixa de Mugardos e sobre a súa receita estrela, o “polbo á mugardesa”, a quen este ano se lle dedica a 27ª edición dunha festa declarada de Interese Turístico de Galicia desde o 2009.

Pero será o sábado 4, ás 13:00 horas, na “Aula Gastronómica Galicia”, cando Mugardos asuma o protagonismo coa realización dun showcooking a cargo do cociñeiro mugardés Damián Alonso, que preparará en directo o noso prato máis coñecido.