A Oficina de Turismo de Mugardos abre de martes a domingos

Martes, 26 de Xuño de 2018

O servizo funciona de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

O servizo funciona de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

O municipio de Mugardos ten xa aberta a Oficina de Turismo para a campaña de verán, como en anos anteriores, no baixo do número 1 da Avenida do Mar. Segundo informou a concelleira de Cultura, Lola González, o servizo funcionará de martes a domingo, en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas, e no mesmo ofrécese cumprida información de todos os lugares que visitar no municipio, así como da súa prezada hostalería e demais servizos.

Dúas técnicas atenderán a oficina ata o mes de setembro. Foron contratadas coa axuda dun programa da Deputación da Coruña, de maneira que a administración provincial aportou 13089,60 euros e o Concello o resto ata chegar aos 18532,48 euros.

A oficina está decorada con redes, subliñando o caracter mariñeiro da vila, e conta con mapas e folletos sobre os principais atractivos da vila, aos que se incorporou o pasado ano o Centro de Interpretación de Caldoval.

Tamén é posible recoller alí toda a información da próxima Festa do Polbo e as celebracións do Carme, un programa que este ano alongarase do 13 ao 22 de xullo.