Presentación das camisolas da Festa do Polbo e o Metrominuto da vila

Mércores, 21 de Xuño de 2017

O Concello de Mugardos presentou oficialmente o pasado venres día 16 de xuño as camisolas da Festa do Polbo, que este ano foron deseñadas pola firma galega Rei Zentolo

Camisolas da Festa do Polbo

O modelo desta edición centra o protagonismo na particular receita local. No acto de presentación, desenvolvido no Salón de Actos do consistorio municipal, sorteáronse 10 destas prendas entre o público asistente.

Metrominuto

Así mesmo, o Concello deu a coñecer o primeiro Metrominuto de Mugardos. Un plano de referencia para visitantes, que poderán consultar as distancias camiñando entre os principais puntos de interese do núcleo urbán, mais tamén unha referencia para a veciñanza, xa que fomenta os desprazamentos a pé fronte o uso dos vehículos, na procura de humanizar a contorna urbana da vila e a vida saudable.