Programa das Festas de Verán de Mugardos e da Festa do Polbo de 2019

Xoves, 4 de Xullo de 2019

Mugardos está en festas e que mellor xeito de disfrutar do verán que contando cunha programación específica para o público infantil e as súas familias. Consulta o programa completo das festas que terá un dos seus puntos máis fortes o vindeiro 13 de Xullo, día da Festa do Polbo.

1561998530713_animación infantil festas mugardos 2019_portada.jpg

Xa está dispoñible a programación infantil das Festas de Verán do Concello de Mugardos para este ano 2019.

Consulta a programación e animación infantil destas festas que transcorrerán desde o 13 ao 22 de xullo con actividades moi interesantes e divertidas para tódolos nenos/as.

Así mesmo, achegamos tamén a programación para a próxima Festa do Polbo que se celebrará coma tódolos anos neste mes, o 13 de xullo. O programa de festas inclúe concertos, festivais, romarías, pasarrúas...etc. Un amplo abanico de eventos para celebrar as Festas de Verán do noso concello, tendo como protagonista a Festa do Polbo.