Showcooking do cociñeiro Iván Dominguez

Venres, 29 de Novembro de 2019

O 4 de Decembro de 18:00 a 20:00 horas no Casino Mugardés.

ivan dominguez_R.jpg

O día 4 de Decembro de 18 a 20 horas no Casino Mugardés, terá lugar un showcooking a cargo do cociñeiro Iván Dominguez do restaurante NADO , que realizará tres elaboracións en base á receita do Polbo á Mugardesa.

A demostración enmárcase dentro dos actos de promoción do XXX aniversario da Festa do Polbo e a tramitación da declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.

Ao evento están convidados os/as cociñeiros/as de Mugardos, blogueros especializados en páxinas gastronómicas e turísticas, e as imaxes do mesmo serán tomadas por Ovidio Aldegunde , fotógrafo oficial do Grupo Nove de recoñecido prestixio.

A entrada é restrinxida por invitación , o Concello de Mugardos sorteará 6 invitacións entre as persoas que se queiran anotar o luns 2 de Decembro na oficina de Cultura do Concello.