Showcooking e presentación do Cartel da XXX Festa do Polbo á Mugardesa

Luns, 9 de Decembro de 2019

Receitas realizadas polos cociñeiros Iván Domínguez e Miguel Mosteiro.

IMG-20191205-WA0009R.jpg

O coiñeiro Iván Domínguez do restaurante NADO e Miguel Mosteiro de GastrolabArousa, cociñeiro do polbo da festa nos últimos dous anos, realizaron tres recetas co Polbo á Mugardesa como base. Salientouse a calidade do producto e elaboración, a importancia da singularidade da receta e polo tanto da Festa que inclúe no seu nome ó do pobo "Polbo á Mugardesa", durante o evento e ao finalizar entablouse un diálogo entre os asistentes sobre cociña, festa e impulso turístico de Mugardos.

Agradecemos a asistencia e o traballo realizado.

E tamén aproveitamos para presentar o Cartel da XXX edición da Festa do Polbo á Mugardesa, seguimos traballando para que a nosa Festa acade a declaración de Interés Turístico Nacional.