Susana Seivane compón a música para a Festa do Polbo á Mugardesa

Luns, 2 de Decembro de 2019

A composición convertirase no himno da festa como parte da campaña por que sexa declarada de Interese Turístico Nacional.

Seivane.jpg

Tal e como manifestou a concelleira de Cultura e Turismo, Lola González, queremos que a nosa Festa do Polbo á Mugardesa sexa declarada de Interese Turístico Nacional, e para elo iniciamos os traballos do expediente para acadar esta declaración. Convencidas como estamos da excelencia da nosa festa, estamos dando máis pasos para que sexa coñecida e recoñecida en todo o mundo. Así, dende o Concello aledámonos de comunicar que: 

Seguindo as declaracións da concelleira, Susana Seivane está traballando no estudo para compoñer e gravar o que será o himno da Festa do Polbo á Mugardesa. Neste 30 aniversario da festa, o Concello de Mugardos encargoulle á gaiteira a composición desta música, que pretende ser un himno propio e recoñecible dunha das grandes citas gastronómicas do país. A música de Seivane será tamén parte da campaña coa que se pretende que a Festa do Polbo sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Este feito reivindica aínda máis o carácter festivo e cultural desta cita, que vai máis alá do gastronómico. A variada programación musical, a enorme participación veciñal ou as diversas actividades que se desenvolven durante todo o ano amosan a importancia e a singularidade desta festa que, ademáis, dende 2020 terá himno propio

Pronto poderemos escoitar esta melodía que nos acompañará durante a Festa e nos eventos de promoción turística, identificaranos e faranos bailar coa ledicia que caracteriza á Festa do Polbo.