Visita a pista de patinaxe sobre xeo do Concello de Mugardos

Xoves, 22 de Decembro de 2016

O Concello de Mugardos instalará unha pista de xeo entre os días 3 e 7 de xaneiro.

Visita a pista de patinaxe sobre xeo do Concello de Mugardos

Esta pista de patinaxe sobre xeo é a única municipal na bisbarra de Ferrolterra. Poderase gozar dela entre os días 3 e 7 de xaneiro na carpa do Cantón de Cora. Os horarios de apertura destas instalacións serán os seguintes:

  • Mañás: De 11:00 a 13:00 horas.
  • Tardes: De 16:00 a 22:00 horas.

O prezo da entrada é de 5 euros por hora de uso da instalación.

O obxectivo desta iniciativa municipal é ofertar unha actividade para o público en xeral, infantil e adulto, que achegue visitantes a Mugardos e así dinamizar a economía local polo Nadal.