Batea

Batea, plataforma flotante

Plataforma flotante fixada no mar con cordas penduradas para a cría de mexillóns ou ostras. Nas bateas crecen os moluscos desexados: mexillóns ou ostras, pero tamén numerosos peixes e outro tipo de moluscos, así como multitude de algas que se adhiren ás cordas. Desta forma temos que, co paso do tempo, unha batea acaba sendo un ecosistema moi rico.