Caramuxo

Caracol mariño

É un caracol mariño cun caparazón helicoidal que apenas alcanza os 20 mm. A súa cor é negro excepto o orificio de entrada que é de cor branca. Vive no medio das rocas e aliméntase de algas. Ten unha membrana dura que o protexe totalmente do exterior. Aínda que sorprenda, a captura desta especie tamén está sometida ao control de tallas mínimas e aos plans de explotación marisqueira.