Choco

Molusco cefalópodo

Molusco cefalópodo, da orde dos decápodos, que posúe corpo ovado e comprimido, con dúas aletas que percorren todo o corpo e ao redor da boca presenta oito brazos e dous tentáculos moito máis longos que rematan nunhas ventosas. Na parte final do intestino ten unha bolsa de tinta de cor escura que expulsa cando se ve alarmado. Sinónimos: choupu, sepia, xiba

Outras palabras relacionadas

  • tentaculos.jpg

    Os tentáculos son órganos alongados e flexibles que se encontran nalgúns animais e contan con ventosas nas puntas. Úsanse para a alimentación, como órgano sensitivo ou para a alimentación.

  • sifon.jpg

    Órgano que os cefalópodos utilizan para desprazarse mediante propulsión a chorro, é en realidade unha modificación evolutiva do pé dos caracois.

  • ventosas.jpg

    Son uns músculos presentes nos cefalópodos, principalmente en polbos e luras. Teñen forma circular e están feitas de carne e tecido muscular do mesmo tipo que o resto do corpo.