Congro

Peixe mariño de corpo moi longo e cilíndrico

Peixe mariño de corpo moi longo e cilíndrico parecido ao dunha serpe, de ata 2,5 m de lonxitude, cor negra ou gris escuro, sen escamas; vive nos fondos mariños, habitualmente escondido en covas; é voraz e nocturno; hai varias especies; a súa carne é comestible. O congro pertence á familia dos Cóngridos, orde Anguiliformes.