Espigón

Espigón

Un espigón, rompeolas ou dique é unha estrutura non lineal construída con bloques de roca de dimensións considerables, ou con elementos prefabricados de formigón, (cubos, paralelepípedos, dolos e tetrápodos ou quadrípodos).

Colócanse dentro da auga próximos á costa marítima, coa intención de aumentar o fluxo en varias direccións determinadas, reducir a ondada ou evitar a decantación de area.