Nécora

Nécora

É unha especie de crustáceo decápodo do infraorden Brachyura. É un cangrexo de mediano tamaño moi apreciado en gastronomía. Posúe unha cuncha en forma de hexágono irregular de cor parda e dous ollos prominentes vermellos. A cuncha ten unhas lixeiras vellosidades. Ten cinco pares de patas, as primeiras transformadas en pinzas. Xeralmente fai vida nocturna, vive preto da costa entre as rocas a profundidades non superiores a 50 metros, onde se alimenta de algas e peixes mortos. Hai veces nas que chegan a devorar outras nécoras. O seu tamaño aproximado é de 10 cm.