Ostra

Molusco lamelibranquio

Molusco lamelibranquio, da familia dos ostreidos, que ten a cuncha bivalva, irregular e áspera con liñas de crecemento laminar por fóra e lisa e anacarada por dentro. Habita nas costas de todos os mares europeos e soporta perfectamente os cambios de salinidade provocados polas mareas. Consómese normalmente en cru, con ou sen limón.