Raño

Vara longa

Vara longa rematada nunha peza de metal con varios ganchos, que se emprega para arrastrar de entre a area os berberechos e as ameixas. A lonxitude da vara depende da profundidade á que se traballe, que pode chegar a ser de 10 metros desde a embarcación ata o fondo. As varas usadas nestes casos poden chegar a superar o 25 m. de lonxitude. Unha vez rascado o fondo, o raño sóbese ata a superficie e ao axitalo, o substrato cóase polas rendixas mentres que as especies quedan retidas.