Robaliza

Peixe osteíctio, perciforme

Peixe osteíctio, perciforme, da familia dos morónidos, que ten o corpo alongado, de cor prateada, dúas aletas dorsais separadas e raios espiñosos na primeira aleta dorsal, na anal e nas ventrais. Este peixe afai nadar polas costas rochosas e polos areais, as zonas de estuarios, os portos e as dársenas, onde aproveita para alimentarse, e mesmo pode penetrar polas augas doces das rías. Se se quere pescar robalizas, sempre hai que buscalas na superficie, a moi pouca profundidade e con bo movemento de ondas, escuma e remolinos.